O Apalpador e Os Monifates

Sinopse do espectáculo

Os Monifates son dous músicos ambulantes, sempre de pobo en pobo, regalando música para que a xente baile e desfrute.

Achégase o Nadal e, como tódolos anos, o Apalpador estase preparando para ir tamén polos pobos carrexando castañas para repartir entre os nenos que comeron pouco e de agasallos para os nenos que se portaron ben durante todo o ano.

O destino quixo que un día se cruzaran os seus camiños e o Apalpador, canso de ir sempre só, este ano decide ir acompañado de Os Monifates e de paso utilizar o seu carromato para non ter que ir cargado de tantas castañas e tantos agasallos.

E así comeza a súa andaina do Nadal, na cal vanse atopar con moitos perxonaxes (monicreques danzantes) ó son desta canción:

” O señor Apalpador
baixa sempre das montañas
cando chega o nadal
baixa cheo de castañas.
Andar só de pobo en pobo
sempre é moi aburrido
por iso eu este ano
voume con novos amigos.
Aí veñen Os Monifates,
veñen co Apalpador
Repartindo moita música,
castañas e ilusión “

Necesidades técnicas

O espectáculo pódese realizar tanto en exterior como en interior. Só precisariamos un espazo aproximadamente de 4 x 4 m e que estea mínimamente chan.
Non precisamos toma de corrente, a instrumentación soa en acústico e utilizamos uns altofalantes que funcionan con batería para realzar a voz.
O espazo da actuación debe estar libre de contaminación acústica.

Duración

50 minutos

Tipo de espectáculo

  • Monicreques danzantes e música en directo.
  • Espectáculo dirixido a público infantil e familiar.