Os Monifates concerto didáctico
Sinopse do espectáculo
Este espectáculo vai dirixido a centros de ensino. Consiste nunha pequena viaxe pola instrumentación galega, para que a rapazada se achegue, por medio dun concerto didáctico, a boa parte da rica e variada instrumentación que aínda se conserva en Galicia.
Faremos unha exposición das diferente familias de instrumentos (vento, corda e percusión). E entre as cancións que interpretaremos, de corte tradicional, falarase de maneira moi amena sobre os instrumentos empregados, explicando as distintas partes que os forman, como se chaman, como se tocan e como soan combinados entre si. E sempre acompañados durante a actuación de diversos bailaríns (monicreques danzantes).
Adaptámonos en todo momento ás necesidades de cada centro así como ás idades ás que vaia dirixido.
Necesidades técnicas
Non precisamos toma de corrente, a instrumentación soa en acústico e utilizamos uns altofalantes que funcionan con batería para realzar a voz.
O espazo da actuación debe estar libre de contaminación acústica.
Duración
Tipo de espectáculo
- Monicreques danzantes e música en directo.
- Espectáculo dirixido a público infantil e familiar.
