Os Monifates de festa en festa

Sinopse do espectáculo

Xa chegan Os Monifates!!!! Un peculiar carromato tirado por dous músicos ambulantes, cargado dos máis diversos e peculiares bailaríns (monicreques), os cales bailan ao son da música que interpretamos. Un día coñecen un simpático peregrino chamado Don Gaiferos, e deciden percorrer con el o Camiño de Santiago.

Xuntos irán parando nas vilas e lugares que atopen na súa traxectoria, nos cales farán unha función para pedir esmola e así poder proseguir a súa viaxe ata Santiago de Compostela.

Esta singular troupe está formada por Bartolo o pandereteiro, o porco Antón, Xaquín e Maruxa, Saturno e Leonor, o galo Farruco, o trasno Fedello, os Moquentos e os Barbanzóns.

Algúns bailan sós, outros en parella, chegando a bailar catro ao mesmo tempo manipulados por unha soa persoa.

Necesidades técnicas

O espectáculo pódese realizar tanto en exterior como en interior. Só precisariamos un espazo aproximadamente de 4 x 4 m e que estea mínimamente chan.
Non precisamos toma de corrente, a instrumentación soa en acústico e utilizamos uns altofalantes que funcionan con batería para realzar a voz.
O espazo da actuación debe estar libre de contaminación acústica.

Duración

50 minutos

Tipo de espectáculo

  • Monicreques danzantes e música en directo.
  • Espectáculo dirixido a público infantil e familiar.